Tempada de chocos

Tempada de chocos

O choco está en plena tempada, que comeza normalmente co inverno e dura ata ben entrada a primavera, dependendo das zonas. Podemos atopalo baixo a certificación pescadeRías, ¿de onde se non? en numerosas lonxas galegas, sendo as que máis ventas rexistran Redondela, Cambados, Campelo, Cangas, Bueu, Vilanova de Arousa, Fisterra e Rianxo.

Redondela é coñecida polo seu choco, que captura principalmente na Enseada de San Simón. Neste vídeo realizado por Bioimaxe coa colaboración do Concello de Redondela podedes coñecer máis sobre a bioloxía e xeito de vida deste cefalópodo.