Sorteo de Nadal: A nosa fala mariñeira

Sorteo Nadal

O mar está moi presente na tradición oral mariñeira dos municipios costeiros. A fala mariñeira trasládase á vida cotiá e ao xeito de relacionarse nas vilas mariñeiras a través de ditos, expresións, vocábulos e refráns. Andas aboiado, chove a mares, é un bo peixe, tes cara de faneca, a raia en xaneiro sabe a carneiro son só algúns exemplos.

Cóntanos algunha expresión, palabra ou refrán que coñezas no que o mar sexa o protagonista e participarás nun sorteo de dous lotes de conservas certificadas (un entre os/as nosos/as seguidores/as en facebook e outro para os/as de instagram) que realizaremos o 16 de decembro.

Para participar:
1. Ser seguidor/a da nosa páxina de facebook ou instagram
2. Darlle gústame á publicación do sorteo
3. Cita en comentarios algunha expresión, dito, palabra ou refrán que utilices ou coñezas relacionada co mundo do mar