Proxecto 1MARDEALOSAS

Proxecto 1MARDEALOSAS

O sábalo (Alosa alosa) e a saboga (Alosa fallax) son especies pertencentes á familia dos Clupeidos, a mesma na que se inclúen a sardiña ou o arenque.

En decembro de 2020 iniciouse o proxecto 1MARDEALOSAS co obxectivo de mellorar o estado do coñecemento sobre a distribución, bioloxía e ecoloxía das dúas especies de alosas europeas no medio costeiro do noroeste ibérico a partir das capturas accesorias ou incidentais que se producen na pesqueira e co fin de propoñer medidas de protección, conservación e xestión para estas especies ameazadas.

Preme aquí para acceder a un artigo sobre este proxecto.