Plan da anguía na ría de Vigo
27/04/2023
O 1 de maio comeza o período autorizado para a captura da anguía na Ría de Vigo que rematará o 31 de outubro, conforme establece a RESOLUCIÓN de 6 de febrero de 2023 pola que se autoriza o Plan de pesca de anguía para as confrarías de pescadores da ría de Vigo, tempada 2023.
As artes autorizadas son nasa voitirón e nasa para anguía e ningunha embarcación poderá empregar máis de 80 nasas ao día.