You are here

pescadeRías & pescaenverde

Published on Friday, 18 January 2019 12:34
pescadeRías & pescaenverde

As novas etiquetas individuais de pescadeRías, ¿de onde se non? levarán tamén incorporada a marca pescaenverde. Desde o mes de xullo de 2018, acompañaba aos produtos certificados na etiqueta de lonxa, no marco do convenio de colaboración existente entre a Consellería do Mar e a Universidade de Santiago de Compostela.

Pescaenverde é unha marca creada polo Grupo de Investigación de Biotecnoloxía Ambiental da Universidade de Santiago de Compostela, que permite calcular a Pegada de Carbono e a Taxa de Retorno Enerxético adaptada a cada tipo de frota e modalidade de pesca.

Share on Social Networks