pescadeRías no Mercado do Mar

PescadeRias

O pasado sábado 25 de setembro e como parte das actividades da VIII Edición do Festival Mar de Mares, tivo lugar unha nova edición do Mercado do Mar, escaparate da pesca artesanal de Galicia e dos produtos de mar elaborados con criterios de sustentabilidade.

Durante o evento celebrado na cidade de A Coruña, realizouse o showcooking Tesouros das nosas rías capitaneado por Criselda Iglesias da Tapería Lecer de Cangas. As persoas participantes coñeceron a marca pescadeRías, ¿de onde se non? e degustaron elaboracións a base de produtos certificados como xurelos, ameixas rubias, polbo ou navallas.

Así mesmo, Pescados Rabina, peixería situada no Mercado de Lugo e adherida ao selo pescadeRías, ¿de onde se non? e Conservas La Curiosa, empresa certificada pola marca, presentaron os seus modelos de negocio.

Preme aquí para ver un vídeo.