Os nosos usuarios: Vieiras de Ferrol

PescadeRías

Coincidindo coa apertura da campaña da vieira na ría de Ferrol, a finais de marzo, a empresa certificada Vieiras de Ferrol, S.L., reiniciou a súa actividade como centro autorizado para o eviscerado deste bivalvo.

Vieiras de Ferrol, S.L. comercializa vieiras e zamburiñas evisceradas, conxeladas ou en fresco, e co selo pescadeRías busca a posta en valor dos seus produtos.