Os nosos usuarios: Mariscos A Ínsua, S.L.

 Mariscos Mariscos A Ínsua, S.L.

Mariscos A Ínsua, S.L. certificou as súas instalacións co selo pescadeRías, ¿de onde se non? o pasado mes de marzo.

Situada no porto pesqueiro de Muros (A Coruña), conta con 15 anos de experiencia na comercialización de peixe e marisco procedente da pesca artesanal e sostible de Galicia.

Está rexentada por dous xoves emprendedores que mercan o seu produto nas principais lonxas da Costa da Morte e da Ría de Muros-Noia e o distribúen entre establecementos hostaleiros, peixarías, comedores colectivos de grandes empresas, comedores escolares e venda directa ao cliente particular.

Contan, así mesmo, cunha peixería online, tamén adherida ao selo, dende a que realizan envíos a toda a España, Portugal e outros países da Unión Europea en menos de 48 horas desde a súa captura: https://frescoydelmar.com