O artigo do mes: Índice gonadal do ourizo na zona V

pescadeRias

O artigo deste mes, elaborado por un equipo multidisciplinar formado polas asistencias técnicas das confrarías de Lira, Fisterra e Corcubión, un técnico da Xefatura Territorial da Coruña e un investigador do Centro de Investigacións Mariñas, analiza en profundidade os factores ambientais que condicionan o ciclo reprodutivo do ourizo de mar

O estudo destaca o papel da temperatura da auga, da dispoñibilidade de macroalgas, da dinámica do afloramento costeiro e do cambio climático, variables que inflúen directamente no desenvolvemento das gónadas e no momento da posta. Unha información esencial para comprender e xestionar este recurso clave da pesca artesanal.

Podes ler o artigo aquí.