Nova peixería adherida

PescadeRias

En febreiro, a peixería Mercamuros de Esteiro (Muros), adheriuse ao selo pescadeRías, ¿de onde se non?.

En Mercamuros ofrecen á súa clientela peixes e mariscos frescos procedentes da pesca artesanal das lonxas da contorna, así como produtos conxelados.