Nova entidade adherida: Pescadería Áncora
15/10/2025
A Pescadería Áncora, situada en Bandeira (Silleda), vén de incorporarse á rede de entidades adheridas á marca de calidade pescadeRías de onde se non?, consolidando así a súa aposta polos produtos da pesca artesanal galega. O establecemento ofrece peixe e marisco fresco procedente maioritariamente da lonxa de Ribeira, o que garante orixe certificada, frescura e trazabilidade.
O seu horario de apertura é de martes a sábado, de 09:00 a 14:00 horas, e conta cun servizo a domicilio que facilita o acceso ao mellor produto do mar. Ademais, admite pagamentos con tarxeta e Bizum, que da resposta ás novas necesidades da clientela.