Mercado do Mar

Mercado do Mar

A Coruña, do 19 ao 21 de setembro. Dentro das actividades programadas no Festival Marea Alta da Coruña, e coincidindo co congreso internacional do ICES sobre sustentabilidade do mar e cambio climático que tivo lugar na cidade, desenvolveuse o Mercado do Mar, no que participaron distintas empresas que traballan con produtos da pesca de forma artesanal e respectuosa co medio. Alí estivemos, cunha charla divulgativa titulada "Pesca local, pesca sostible: pescadeRías" coa que demos a coñecer a todos os que se achegaron que é e que representa a nosa marca. Tamén se achegaron ao noso posto numerosas persoas, tanto particulares coma profesionais, a interesarse e coñecer máis sobre pescadeRías.