Inicio de campaña promocional en comercio minorista adherido. Mes de Xullo: Noia, Serra de Outes, A Estrada, A Guarda e Tomiño.

Inicio de campaña promocional en comercio minorista adherido. Mes de Xullo: Noia, Serra de Outes, A Estrada, A Guarda e Tomiño.

Durante o mes de xullo temos en marcha unha campaña promocional en establecementos de comercio minorista adheridos das localidades de Noia, Serra de Outes, A Estrada, A Guarda e Tomiño.

Para participar:

  • Saca unha fotografía na que aparezan produtos co logotipo de pescadeRías, ¿de onde se non?. Compártea publicamente no teu perfil de facebook ou instagram coa etiqueta @pescadeRías, ¿de onde se non? ou o hashtag #pescaderiasdeondesenon, indicando a especie e o nome do posto ou peixería adherida na que foi tomada.
  • Sube a fotografía como comentario na publicación do sorteo de facebook ou instagram da marca pescadeRías, ¿de onde se non? ou fáinolas chegar como mensaxe privada ás mesmas redes sociais.

Ao finalizar o mes, Sortereamos dous vales de 20€ para a compra de peixe ou marisco certificados + kit promocional da marca (bolsa, luva de cociña, libreta, bolígrafo e receitario) e dous kits promocionais da marca.

Consulta as bases completas premendo aquí.