Galicia MarketPlace
05/03/2020
O pasado 3 de marzo celebrouse a V edición deGalicia MarketPlace, organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia, baixo o título Sostibilidade e globalización: o ADN do sector marítimo galego.
Durante o evento, tiveron lugar charlas-coloquio e mesas redondas, degustacións de produtos certificados, así como un espazo escaparate onde empresas do sector presentaron os seus produtos. Contouse coa participación da Confraría de Pescadores San Bartolomé Noia e as empresas HQ Seaweed, S.L., JoyEmbassy, S.L. e Mariscos Comesaña, S.L., todas elas certificadas polo selo.