Galicia Market Place
07/05/2026
Os produtos da pesca artesanal galega teñen unha nova cita en Vigo co Galicia Market Place, que se celebrará o vindeiro 12 de maio no Círculo de Empresarios de Galicia, en colaboración coa Consellería do Mar e ABANCA.
O evento ofrece unha oportunidade para empresas da cadea mar-industria, cun espazo propio para visibilizar proxectos, establecer contactos e xerar novas oportunidades de negocio. A xornada combinará exposición de produtos, conferencias, entrevistas e tech talks.
Completarase cun xantar sectorial coa conselleira do Mar e actividades gastronómicas como catas, degustacións e showcooking, nun espazo de encontro e intercambio para o sector.
Información: 986 447 220 / aempresas@circulo.gal