Galicia desde o mar
17/12/2019
A Consellería do Mar presenta en Bruxelas o vídeo Galicia, desde o mar (Galicia, bythesea), que conta coa participación de profesionais do sector pesqueiro galego que relatan o seu día a día e mostran o que para eles significa traballar no mar. O seu obxectivo é dar a coñecer ao Executivo comunitario a realidade do sector e que esta sexa tida en conta á hora de tomar medidas relacionadas coa xestión pesqueira.
Preme aquí para ver o vídeo.