Fórum Gastronómico A Coruña
15/03/2019
Do 10 ao 12 de marzo celebrouse o Fórum Gastronómico A Coruña, un encontro para os profesionais do mundo da gastronomía.
As empresas certificadas en pescadeRías, ¿de onde se non? Pulponor Sociedade Cooperativa Galega, Mares de Galicia SA, Conservas y Ahumados Luso Galaicos SL e Currimar Conservas Tradicionais, estiveron presentes como coexpositores da Consellería do Mar. Novás y Mar Especialidades, SL e Porto-Muiños acudiron cun stand propio.