Foro sobre pesca artesanal

Foro sobre pesca artesanal

Como xa avanzáramos, o pasado 28 de novembro tivo lugar dentro do ciclo organizado por El Correo Gallego, un Foro baixo o nome "Valorización da pesca artesanal: A marca de calidade pescadeRías, ¿de onde se non? como selo de diferenciación". Foi unha xornada moi enriquecedora, coa presenza de Pepe Solla, e unha mesa redonda na que participaron representantes de empresas certificadas co selo pescadeRías e tamén da gran distribución. Pódese ler unha reportaxe na edición de El Correo Gallego do día 30 de novembro.