Formación

pescadeRias

En outubro recibiron formación en Hixiene e Manipulación de Alimentos dúas entidades certificadas pola marca pescadeRías de onde se non?.

Na Confraría de Redondela a formación estivo dirixida ao persoal administrativo, de lonxa e ao persoal que transporta os moluscos bivalvos á poxa da Lonxa de Mariscos de Vigo. En Pescados Noroeste S.L. recibiu a formación o persoal de pranta. Nesta entidade impartiuse ademais formación en APPCC ao persoal de calidade da empresa.

A formación enmárcase no proceso de preparación para a obtención da certificación pescadeRías de onde se non?, que garante a orixe e frescura dos produtos do mar, reforzando o compromiso da confraría coa sustentabilidade e a trazabilidade.: