Festa do Marisco e Centenario da Confraría de Barallobre
16/08/2024
Mañá sábado 17 e o domingo 18 de agosto terá lugar a Festa do Marisco de Barallobre, coincidindo cos actos de celebración do centenario da confraría.
O programa de eventos inclúe actuacións musicais, xantares populares e dous showcookings con produto certificado: o sábado 17, Marcos Cabanas do Restaurante El Olivo de Narón, cociñará vieira e carneiro en directo; e o domingo 18, Nair González, do Restaurante Muelle 43, navalla e ameixa.
Podes ver o programa de actividades aquí.