Estivemos no Salón Gourmets 2026

pescadeRias

Os produtos da pesca artesanal galega estiveron no Salón Gourmets, no que participaron 29 empresas do sector mar-industria como coexpositoras no stand da Consellería do Mar, entre elas nove certificadas coa marca pescadeRías de onde se non?.

Durante o evento desenvolvéronse showcookings, catas e actividades divulgativas na sala de catas inmersiva da Consellería do Mar, para poñer en valor os produtos da pesca artesanal galega.

Destacamos tamén a celebración do Día da Muller na Cociña Atlántica, coa proposta “Elas levan o timón”, unha homenaxe ás mulleres que sosteñen o mar e levan a nosa, e o levan á nosa mesa: mariscadoras, pescadoras, conserveiras, artesás… 

Podes ver aquí un vídeo resumo das actividades.