Empresa do mes: Mariscos Ramais, S.L.

PescadeRias

Mariscos Ramais, S.L. é unha depuradora de moluscos bivalvos no concello de Outes que conta cunha traxectoria de máis de 50 anos neste sector. Está certificada pola marca pescadeRías, ¿de onde se non? dende o ano 2018.

Dende a súa tenda on line, tamén adherida á marca, pódense adquirir mariscos frescos de excelente calidade procedentes das nosas costas, cun prazo de entrega de 24-48 horas.