Empresa do mes: Frigoríficos Rosa de los Vientos, S.L.

PescadeRias

Frigoríficos Rosa de los Vientos, S.L. é unha empresa familiar con 30 anos de andadura no sector, certificada polo selo pescadeRías para a transformación de bivalvos e cefalópodos.

En constante innovación, baixo a marca O Pulpeiro comercializa polbo galego procedente da pesca artesanal tanto conxelado como cocido e pasteurizado.