Convocatorias de axudas

PescadeRias

Publicadas as seguintes convocatorias:

Axudas a proxectos colectivos para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables.

En prazo ata o 20 de febreiro.

Axudas a operacións innovadoras relacionadas coa conservación dos recursos biolóxicos mariños.

En prazo ata o 17 de febreiro.

Axudas autonómicas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do medio ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca.

En prazo ata o 13 de febreiro.

Axudas para investimentos que aumenten o valor engadido, calidade dos produtos e utilización de capturas non desexadas.

En prazo ata o 13 de febreiro.

Axudas para investimentos en eficiencia enerxética e mitigación do cambio climático.

En prazo ata o 13 de febreiro.

Axudas para investimentos que melloren a hixiene, saúde, seguridade e condicións de traballo en buques pesqueiros.

En prazo ata o 13 de febreiro.

Axudas para investimentos que limiten o impacto da pesca no medio mariño e adaptación da pesca á protección das especies.

En prazo ata o 13 de febreiro.

Axudas autonómicas a proxectos colectivos para a protección e recuperación da biodiversidade mediante a recollida de residuos mariños.

En prazo ata o 10 de febreiro.

Axudas destinadas á primeira adquisición dun buque de pesca.

En prazo ata o 6 de febreiro.

Axudas destinadas a pemes do sector transformador.

En prazo ata o 3 de febreiro.