Concurso Postal de Nadal 2020
09/12/2020
A marca pescadeRías, ¿de onde se non? pon en marcha un concurso para elixir a súa postal de Nadal deste ano, na que o protagonista será o patrimonio marítimo pesqueiro galego. As persoas que desexen participar deben enviarnos fotografías que amosen e poñan en valor os oficios do mar e/ou contar a historia do traballo e do bo facer dos homes e mulleres que viven da pesca artesanal en Galicia. Poden ser imaxes actuais ou antigas.
Para participar debedes enviar unha ou varias fotografías de calidade a través dos medios que se especifican nas bases do concurso que podedes consultar aquí:
As claves do concurso son:
- Enviar unha ou varias fotografías de calidade a través dos seguintes medios:
- Mensaxe privado ao facebook de pescadeRías
- Correo electrónico da marca: pescaderiasdeondesenon.cmrm@xunta.gal
- WhatsApp ao número de teléfono 678759079
- Acompañando ás fotografías débense engadir os seguintes datos:
- Título da fotografía.
- Nome completo da persoa que envía a fotografía.
- Datos de contacto: teléfono e correo electrónico.
- Idade.
- Asunto: Concurso Postal de Nadal marca pescadeRías
- O prazo de recepción de fotografías finaliza o 17 de decembro de 2020 ás 23:00 horas.
- Publicaranse todas as fotos no Facebook da marca e haberá un tempo de votacións atao 20 de decembro ás 23:59.
- A votación será a través de “gústame” e a imaxe gañadora será a que teña un maior número deles.
- O/a gañador/a da fotografía máis votada recibirá como premio un lote de conservas certificadas.
Pincha aquí para ampliar a información nas bases do concurso.