You are here

Comeza a campaña do ourizo

Published on Thursday, 03 October 2019 14:23
Comeza a campaña do ourizo

En outubro comezaron a facerse as primeiras extraccións de ourizo de mar na Provincia de Pontevedra. Conforme se reflicte nos diferentes plans de xestión presentados para o 2019, as diferentes agrupacións desta provincia, teñen previsto iniciar as capturas deste equinodermo durante o presente mes.

Nas lonxas das provincias de A Coruña e Lugo, aparecerán os primeiros ourizos entre novembro e xaneiro, dependendo do plan presentado por cada confraría de pescadores.

A extracción de ourizo de mar, que pode facerse a pé ou a mergullo, regúlase mediante plans de xestión, aprobados cada ano pola Consellería do Mar.

Share on Social Networks