Cita no 20º Salón da Alimentación do Atlántico SALIMAT-ABANCA
08/06/2016
Do 9 ao 12 de xuño estaremos en SALIMAT, en Silleda, punto de encontro coa distribución e os consumidores. O programa de actividades de pescadeRías inclúe a participación nos encontros de negocio nacionais e internacionais, apoio aos expositores certificados, catas para público profesional e un panel de cata de produtos da marca no que participarán blogueiros gastronómicos, enmarcada no II Encontro de Gastrobloggers que se celebrará o 11 de xuño.