Campaña do choco de Redondela
03/03/2021
O choco, produto estrela da Lonxa de Redondela, comezou a súa tempada a mediados do mes febreiro.
O choco desta localidade, pescado con trasmallo, está amparado polo selo pescadeRías, ¿de onde se non? e, como novidade, na campaña deste ano, estrean etiquetado individual co obxectivo de asegurar a súa trazabilidade e de poñer en valor a calidade deste produto, facilitando que poidamos recoñecelo nos mercados.
Parabéns por esta iniciativa.