Boletín de novas de maio

pescadeRias

Nesta nova edición atoparás información sobre o novo plan experimental de xestión do polbo 2026/2027, a participación dos produtos da pesca artesanal galega no Salón Gourmets e nas futuras xornadas gastronómicas do CIFP Carlos Oroza, así como a posta en marcha da nova peixería da Confraría de Barallobre.

O boletín inclúe tamén o novo capítulo de Tripulación Pesca de Rías con Paula Pardo, novidades sobre formación e seguridade alimentaria, a primeira pílula formativa da marca, centrada no anisakis, e o artigo do mes dedicado á Rede Galega de Escolas Azuis.

Podes lelo aquí.