Axudas
05/01/2026
A Consellería do Mar vén de publicar varias convocatorias de axudas de interese para o sector pesqueiro e marisqueiro, con diferentes liñas de apoio e prazos de solicitude:
- PE155C: axudas destinadas á preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización das organizacións de produtores pesqueiros e das súas asociacións.
- PE209H: axudas a proxectos de rexeneración de bancos marisqueiros con problemas de perda de produtividade, orientadas á mellora da xestión e á conservación sostible dos recursos mariños.
- PE209B: axudas a proxectos colectivos para a restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sostibles.
- PE119A: axudas destinadas á primeira adquisición dun buque de pesca.