As algas galegas en cifras
18/08/2025
Os investigadores Ángel M. Rodríguez e Emilio Abella, do Centro de Investigacións Mariñas (Cima), presentan un estudo pioneiro sobre a recollida e comercialización de algas en Galicia, elaborado no marco do proxecto ALGAPROX da REDEMAR.
A investigación, desenvolvida entre 2020 e 2024, analiza datos procedentes de confrarías, lonxas, empresas transformadoras e organismos oficiais. A principal conclusión é clara: as algas son unha fonte de ingresos complementaria, que achega diversidade e estabilidade á pesca artesanal. Galicia destaca pola súa ampla variedade de especies comerciais, como o wakame, a ulva ou o codium, cunha estrutura produtiva sólida baseada nas confrarías e no tecido transformador.
Podes ler o artigo aquí.