OPP95 Noia
- OPP95 Noia
-
Porto de Testal
15218 Noia (Coruña, A) - 615227385
- opprianoia@gmail.com
A organización de produtores impulsa unha nova etapa orientada á eficiencia, a trazabilidade e a sustentabilidade do marisco máis emblemático da ría de Muros-Noia.
A Organización de Produtores Pesqueiros OPP-95 Noia deu un paso decisivo na xestión integral do berberecho ao asumir o control da depuradora do pósito noiés. Con esta medida, a entidade busca optimizar os recursos dispoñibles, garantir unha trazabilidade completa e seguir avanzando cara unha comercialización máis eficiente e sostible.
A depuradora de Testal pasa a estar baixo a xestión directa da OPP-95 para ofrecer berberecho fresco directamente aos consumidores finais, con atención de mércores a venres. Este modelo permite que o molusco pase por un proceso de depuración controlado antes da súa venda, garantindo frescura e seguridade alimentaria.
A organización aposta pola comercialización dun produto fresco e de máxima calidade, garantindo en todo momento a trazabilidade e a orixe do berberecho.
O compromiso coa transparencia e o control de cada fase ¿dende o mar ata o consumidor¿