FacebookTwitter

Conservas Antonio Pérez Lafuente, S.A.

Conservas Antonio Pérez Lafuente, S.A.

Desde a súa fundación a principios do século XX, o nome Pérez Lafuente representou a continuidade dunha tradición familiar ligada á industria transformadora da pesca, tanto de salgadura como de conservas.

Pioneira no cultivo e comercialización dos mariscos das Rías Galegas, a firma Conservas Antonio Pérez Lafuente destacou pola calidade das súas materias primas e de toda a cadea de elaboración dos seus produtos, converténdose nun referente deste sector cada vez máis competitivo e esixente.

A súa factoría sitúase nunha zona privilexiada do noroeste peninsular, Vilanova de Arousa. A Ría permítelles abastecerse das súas riquezas piscícolas e marisqueiras en óptimas condicións de frescura.

O nome comercial Pan do Mar reflicte o traballo exclusivamente artesanal que diferencia aos seus produtos elaborados con peixes e mariscos procedentes da pesca artesanal, acompañados de ingredientes ecolóxicos e biodinámicos certificados e cun compromiso claro coa contorna nos seus envases e proceso de fabricación.

Certifiable biological groups