ALGAS ATLANTICAS ALGAMAR SL
- ALGAS ATLANTICAS ALGAMAR SL
-
Pol. Ind-Amoedo, sn.
36840 Pazos de Borbén (Pontevedra) - 986404857
- rd@algamar.com
Mar de Ardora é a proposta de Algamar para os sectores da restauración e dos produtos gourmet; a empresa está especializada en algas silvestres ecolóxicas recollidas no océano Atlántico.
Ofrecemos unha ampla gama de algas atlánticas e produtos derivados ¿todos con certificación ecolóxica¿, deseñados especificamente para satisfacer as diversas necesidades dos profesionais da cociña e dos establecementos gourmet. O noso obxectivo é cumprir ata coas expectativas máis esixentes.
Líder no mercado europeo de algas ecolóxicas desde 1996, Algamar puxo a súa ampla experiencia e os seus esforzos en I+D ao servizo do desenvolvemento de formatos e receitas pensados especificamente para o sector profesional.
Algas Atlánticas Algamar, a empresa matriz do grupo, foi pioneira desde 1996 ao converterse na primeira firma española dedicada en exclusiva á recollida sustentable, o procesamento e a comercialización de algas para o consumo humano. En 2010, as súas algas de recollida silvestre foron as primeiras en obter a certificación ecolóxica en Europa.