FacebookTwitter

Parador de Ribadeo

Parador de Ribadeo

O Hotel ocupa un casarón galego na desembocadura do Ribadeo, enclave mariñeiro e turístico, fronteirizo co litoral asturiano. A súa magnífica situación, nos arredores asturianos de Galicia, ofrece a posibilidade de contemplar vistas únicas da paisaxe galega, a ría de Ribadeo e as aldeíñas asturianas da outra beira; extraordinarias son as que se divisan desde o comedor.

Prevalece no interior do hotel o estilo mariñeiro, cun ton de graza e elegancia. As habitacións son acolledoras e confortables, e algunhas participan de espléndidas panorámicas. O restaurante ofrece cociña tradicional galega con pratos como a empanada, lacón, mariscos e caldos galegos.