Restaurante D'Leria
- Restaurante D'Leria
-
Valentín Viqueira, 6 Carril
36610 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) - 986156268
- info.dleria@gmail.com
- https://restaurante.covermanager.com/dleria-2/
D'leria nace dun soño compartido: crear un espazo onde o mar e as estacións marcasen o ritmo de cada prato. Situado en Carril, unha pequena vila mariñeira fronte á Illa de Cortegada, o noso restaurante busca render homenaxe á riqueza da ría e aos productos locais que nos rodean.
A nosa cociña é de autor, pero sempre baseada na terra (e no mar). Ofrecemos un menú degustación en constante evolución e un pequeno menú á carta para compartir, ambos deseñados segundo o que ofrece cada estación. Cada visita é diferente: unha viaxe a través de sabores que cambian coa marea, a luz e o tempo.
En D'leria non só servimos pratos: contamos historias do mar, da tradición e das estacións.