FacebookTwitter

Gastrobar O Birrán

Gastrobar O Birrán

Conceptuado como gastrobar polas súas creadoras, a súa carta é o suficientemente ampla para satisfacer os padais máis esixentes. A cabalo entre a tradición e as tendencias de moda actual, ofrece unha mestizaxe de pratos nacionais sen esquecer a cociña tradicional galega, á que lle dan un toque innovador. A carta está dividida en catro seccións: tapas, tostas, racións e pratos, ás que se engaden suxestións do día e sobremesas.