FacebookTwitter

Restaurante Benboa

Restaurante Benboa

O Grupo Benboa ofrece no seu restaurante, situado en Corrubedo, unha aposta total polos produtos da pesca artesanal galega, pola sustentabilidade do medio mariño e pola cociña baseada en produto local e de proximidade.

Benboa pon a disposición unha carta diferente para a temporada de verán e de inverno, a fin de respectar a estacionalidade dos produtos. Nesa mesma liña, tamén conta cun menú especial que cambia semanalmente en función do mercado.

O comensal pode escoller directamente o produto da sección de peixería e seguir todo o proceso de elaboración desde o comedor con vistas á cociña.