Detalle producto

FacebookTwitter

Ameixa babosa

Ameixa babosa
<p>A cor deste molusco é normalmente gris pálida ou crema, con bandas tenues dunha tonalidade máis intensa e unhas liñas que se debuxan na cuncha en paralelo ao seu bordo. Os sifóns da ameixa babosa están unidos en toda a súa lonxitude e é precisamente esta característica a que nos permite diferenciala das outras clases de ameixas.</p> <p>É máis delicada ca as outras ameixas. Pequenas variacións de temperatura e de salinidade poden provocar a súa morte e, ademais, atura menos tempo fóra da auga ca a ameixa fina. Debido á súa distribución no litoral, captúrase principalmente dende pequenas embarcacións con raños, rastros ou ganchos e, en menor medida, a pé firme con sachos ou outras artes autorizadas para remover o substrato.</p> <p>O propio da ameixa babosa é pasalas polo lume segundo as formas tradicionais: á mariñeira, acompañando o peixe, con arroz, con pasta, con fabas... rendendo de seguro o gusto dos padais máis esixentes.</p>

Datos da especie

  • CTS
  • Nome científico: Venerupis corrugata
  • Nome galego: Ameixa babosa
  • Nome castelán: Almeja babosa
  • Grupo biolóxico: Bivalvos
Receitas de Ameixa babosa
38 mm

Tamaño mínimo: 38 mm

O tamaño medirase medindo o eixe maior ou anteroposterior

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados

  • Centros de depuración / expedición e cetáreas

  • Distribuidor de produtos da pesca e marisqueo

  • Empresas de transformación