Lonxa de Rianxo

Lonxa de Rianxo

Lonxa xestionada pola Confraría de pescadores "Virxe do Carmen".

Conta con modernas instalacións, xa que ao edificio da lonxa nova, do ano 2000, fíxoselle unha reciente ampliación (2015) que aumenta considerablemente o espazo destinado a subasta de produtos frescos.

Ademáis do marisqueo, destacan os produtos capturados con "xeito" e "bou de vara".

Conta coa certificación "pescadeRías ¿de onde se non?" para peces, crustáceos, bivalvos e cefalópodos.

Datos de contacto

  • Confraría de Pescadores "Virxe do Carmen" de Rianxo
  • Peirao, s/n
    15920 Rianxo
    A Coruña
  • Tfno: 981860477
  • Fax: 981843765