Lonxa de Ribeira

Lonxa de Ribeira

A Lonxa de Ribeira está situada na zona norte da Ría de Arousa, é unha das máis importantes de España, e no que se refire á pesca de baixura unha das máis importantes de Europa.

Na actualidade hai máis de 200 compradores entre maioristas, minoristas e casas subastadoras e máis de 500 persoas traballando nas súas instalacións.

O edificio, o máis moderno e mellor dotado de Galicia, deseñado por César Portela e Diaz&Diaz Arquitectos, ten unha superficie construída de 22.500 metros cadrados, conta con máis de 8.000 metros cadrados dedicados a salas de exposición e subastas, e 3.500 dedicados a oficinas.

As principais especies subastadas son: lirio, xurelo, xarda pintada, xarda e pescada, entre outras, e nos últimos anos tamén nos consolidamos como referente en ventas de especies como o congro, polbo e centola.

Datos de contacto