Mariscos Daporta, S.L.

Mariscos Daporta, S.L.

A familia Evaristo Daporta e Erundina Fernández, iniciaron a actividade para comercializar os moluscos e crustáceos da Ría de Arousa, no ano 1955.

Da primeira instalación no barrio de Santo Tomé, en Cambados, onde se cocían os crustáceos e se envasaban as ostras para os mercados das grandes cidades do país, pasouse a unha illa, no lugar de Punta de Tragove polo ano 1965, hoxe unida a terra e convertida co seu ámbito no porto principal de Cambados. Por esa época construíuse unha cetaria, na que se traballou ata o ano 1970, comercializando moluscos e crustáceos. nese ano iníciase a construción da depuradora de moluscos, anexa á cetaria, para poder cumprir a recente lexislación sanitaria. No ano 1999 constitúese a sociedade Mariscos Daporta, con todo o activo achegado durante os 45 anos anteriores.

Somos unha empresa familiar con tradición e prestixio, avalada pola responsabilidade cos nosos clientes e polo coidado, que lle damos aos produtos de calidade de Galicia.

Datos de contacto