Lonxa de Fisterra

Lonxa de Fisterra

A lonxa de Fisterra está aloxada nun moderno edificio no que diariamente se realiza a poxa de gran variedade de peixes e mariscos procedentes da pesca artesanal. Como curiosidade, na súa planta superior, conta cun habitáculo dende onde os visitantes poden ver a actividade que se realiza nela, ademais de ter paneis informativos sobre as actividades relacionadas coa mesma.

Na lonxa de Fisterra podemos atopar peixes, bivalvos, crustáceos, cefalópodos, equinodermos e algas baixo o selo pescadeRías, ¿de onde se non? Moitos exemplares de peixe se etiquetan de xeito individual co logotipo da marca.

Datos de contacto

  • Confraría de Pescadores "Nuestra Señora de las Arenas" de Fisterra
  • Paseo da Ribeira
    15155 Fisterra
    A Coruña
  • Tfno: 981740079

Especies certificadas