Lonxa de Bueu

Lonxa de Bueu

A Confraría de Pescadores de Bueu (Ría de Pontevedra-Galicia) é unha asociación de pescadores de baixura que xestiona e explota a Lonxa da localidade de Bueu. A Confraría conta con 136 embarcacións asociadas, que proceden dos sectores do polbo, pescados de rocha (robaliza, rodaballo, salmonete, maragota, etc.), percebes, ameixas, ourizo, nécora, algas, centola, peixes azuis (sardiña, cabala, xurelo, etc.).

A Confraría conta cos seguintes servizos:

  • Solicitude de pedidos e participación en poxas sen necesidade de estar presente na lonxa.
  • Servizo de xeo.
  • Servizo de caixas e lavado de caixas.
  • Servizo de preparación de pedidos en función dos requirimentos do cliente.
  • Centro estabulador de crustáceos.
  • Xestión comercial (procura de alternativas noutros puntos de primeira venda se non dispomos do produto).
  • Servizo de transporte de produtos pesqueiros. Enviamos ou buscamos solucións para o envío de produtos pesqueiros onde sexa necesario.

A lonxa de Bueu atópase totalmente informatizada e conta cunhas modernas instalacións.

Datos de contacto