Aurelio Silva Ábalo, S.A.

Aurelio Silva Abalo, S.A. é unha empresa depuradora de bivalvos con sede na Illa de Arousa que leva 30 anos traballando no sector.

Desde os seus comezos Aurelio Silva Abalo, S.A. dedicouse sempre á venda de marisco depurado, servindo a grandes distribuidores e almacenistas de mercados centrais. Nos seus inicios, xa que estamos a falar da terceira xeración da empresa, atendía a demanda de zonas do interior de España, onde o produto non podía chegar se non era cocido, debido á precariedade dos medios de transporte naquel entón. Hoxe, nunhas horas, o produto sitúase nos mercados de Italia ou Francia, despois de cumprir sempre a normativa que regula a súa depuración e expedición.

Datos de contacto

Especies certificadas