Certificacións, recertificacións, ampliacións e seguementos en abril
24/05/2021
Durante o mes de abril, a depuradora e empresa de distribución Mariscos Islas Cíes, certificouse no selo pescadeRías, ¿de onde se non? para bivalvos, crustáceos, peixe, cefalópodos, gasterópodos, equinodermos e antozoos e a depuradora Da Lonxa ao Prato para bivalvos.
A Lonxa de Lira ampliou o seu alcance de certificación para peixe e a parte transformadora da Confraría de Lira ampliou o seu alcance para a conxelación de peixe e bivalvos. Pola outra banda, a Confraría de Pescadores de Redondela, ampliou o seu alcance como distribuidor de bivalvos (para a distribución de vieira eviscerada e conxelada) e cefalópodos (para a distribución de choco de Redondela conxelado).
Frigoríficos Rosa de los Vientos, S.L., con alcance para cefalópodos e bivalvos, renovou a súa certificación na marca e a empresa conxeladora Pulpo de Camariñas, S.L., con alcance para cefalópodos, realizou unha auditoría de seguemento.