Campaña da vieira en Redondela

Vieira

Entre o 19 de abril e o 4 de maio tivo lugar a campaña da viera na Confraría de Pescadores "San Xoán" de Redondela, na cal participaron 3 embarcacións desta confraría, que traballan coa arte de rastro de vieira ou volandeira. 

A maiores, en abril, a Confraría de Pescadores de Redondela, ampliou o seu alcance de certificación como distribuidor de bivalvos (vieira eviscerada e conxelada) e cefalópodos (choco de Redondela conxelado). Esta ampliación da súa certificación no selo, permítelle comercializar as vieiras extraídas, tras ser evisceradas e conxeladas por unha empresa autorizada, baixo a marca pescadeRías, ¿de onde se non?.