Vostede está aquí

Apertura da volandeira na Ría de Arousa

Publicado o venres, 09 Novembro 2018 12:20
Apertura da volandeira na Ría de Arousa

Esta semana comezou a campaña da volandeira na Ría de Arousa tras os informes favorables por parte do INTECMAR. A volandeira comercialízase principalmente nas lonxas de Cambados, Ribeira e Rianxo, certificadas polo selo pescadeRías, ¿de onde se non?.

No mercado atopámolas frescas durante a época de captura e conxeladas e evisceradas o resto do ano, comercializadas pola empresa certificada Porto de Cambados, S.L.

Compartir en redes sociais