20º Edición da Feira Internacional de Turismo Gastronómico de Ourense

20º Edición da Feira Internacional de Turismo Gastronómico de Ourense

Entre o 6 e o 10 de febreiro, terá lugar no recinto feiral Expourense a 20º Edición da Feira Internacional de Turismo Gastronómico de Ourense, Xantar.

Durante o evento haberá obradoiros gastronómicos de degustación de produtos do mar na “Aula Mar”, onde terán presencia produtos certificados pola marca pescadeRías, ¿de onde se non?.

Se queres participar podes inscribirte chamando ao teléfono 608 754004 ou no correo infotalleresxunta@gmail.com. Preme aquí para consultar o programa de actividades.