FacebookTwitter

Insuapesca S.L.

Insuapesca S.L.

A base de traballo de INSUAPESCA S.L. está principalmente situada no porto de Portosín, onde realizan a maioría de transaccións de compra e venda dos produtos da pesca aínda que tamén compran na maioría de portos de Galicia.

A empresa tivo os seus comezos empacando produtos do mar para outras empresas e para clientes propios. Na actualidade existe unha gran fidelización de clientes, a maioría dos cales levan anos traballando con INSUAPESCA e, anteriormente, coa súa xerente.

INSUAPESCA S.L. ten como obxectivo seguir medrando no sector da comercialización dos produtos pesqueiros con novos proxectos.